Bitácora de aula

Bitácora de aula que amosa algunhas tarefas do ámbito lingüístico-social do PDC do CEE de Panxón

martes, 10 de decembro de 2013

xoves, 14 de novembro de 2013

Comentar unha película 1: Cometas no ceo

Hai uns días vimos esta película. Xa fixestes un resumo dela pero agora quixera que tras comentar a ficha que elaborei sobre o comentario dun filme, seguirades os pasos que alí se recomendan para facer a vosa propia crítica da película.

xoves, 7 de novembro de 2013

Como facer unha boa presentación

Velaquí as recomendacións que lles dan ao seu alumnado na Universidade de Compostela. Bótalle unha ollada e verás que ti tamén podes!
Mais preto de nós temos o titorial de recomendacións de Pilar Ponte, coñecida como A Profa. Ao rematar de velo, volvamos ás nosas presentacións e mellorémolas.

Por último, debemos ter en conta algúns consellos para realizar unha boa exposición oral . Cómprenos ensaiar antes de presentar o noso Power Point ante o auditorio de Primaria do colexio.

No blog do Bosque de Levas hai un post do 1 de novembro que tamén recolle unhas notas sobre como mellorar a expresión oral. Podes acceder a el na ligazón que hai na columna da dereita titulada Os meus blogs favoritos.

martes, 22 de outubro de 2013

Revolución francesa

Historia da lingua 2


http://www.intergalcome.uvigo.es/imaxes/CantigasSantaMaria.jpg
  Fixemos unha primeira aproximación á historia da lingua galega a través do capítulo 5 do vídeo Historias de Galicia, no post do 8 de outubro.
  Agora imos profundizar un pouco máis no tema grazas a dúas webs: a do Consello da Cultura Galega, chamada Loia; e a dedicada ao Día das Letras Galegas.
   Le o que se di nelas sobre os diferentes períodos da historia da lingua e toma nota do máis importante e novidoso para ti, porque debes escoller un período para explicalo oralmente ante os teus compañeiros.
  Para finalizar,  imos cunha curiosidade: un romance sobre a historia da lingua que compuxo o poeta lugués Darío Xohán Cabana.

luns, 21 de outubro de 2013

Historia co galego de Alba e Henar

Alba e Henar son dúas mozas do Bierzo (León) que participan no proxecto Xou Tube con este simpático vídeo.

xoves, 17 de outubro de 2013

Lecturas para secundaria

Bota unha ollada a estes libros e escolle o que máis che guste no noso Bosque de levas! Proba indagando tamén no seguinte documento: propostas.

 


A revolta dos animais