Bitácora de aula
Bitácora de aula que amosa algunhas tarefas do ámbito lingüístico-social do PDC do CEE de Panxón
martes, 19 de marzo de 2013
Educación, TIC e motivación
Fálase moito de que os alumnos se aburren nas clases e da súa desmotivación cara ao estudo; do afastados que están os métodos de ensino-aprendizaxe da sociedade en que vivimos: que profesores do século XX, educan a mozas e mozos do XXI con metodoloxía do XIX.
O profesorado responsabiliza do problema
Seguramente os fallos do sistema non son atribuíbles a un só colectivo. Cómpre ter en conta varios aspectos. O profesor xa non representa unha autoridade coma antes. Pasa un terzo da clase tratando de manter a disciplina, outro terzo xustificando para que vai servir o que pretende ensinar, e no que queda de clase explica o tema ao que ninguén atende. O sociólogo Fernando Gil expón que "o profesorado se enfronta aos alumnos máis desorientados da historia. Sen o apoio de crenzas relixiosas e ideolóxicas, aboian á deriva do consumismo e da Rede. Teñen os pais máis permisivos da historia, con problemas para exercer a autoridade, o que se observa moi ben cando hai tensións no centro, porque se posicionan máis do lado do fillo-alumno ca do lado do profesor".
O debate é complexo porque abrangue temas como a disciplina, qué ensinar e cómo. Pero como profe creo que é preciso empezar por facer algo de autocrítica, que ante este panorama pensemos, parafraseando a JFK, que podemos facer nós para mellorar as nosas clases e motivar ao noso alumnado.
A primeira idea que me vén á cabeza é como podo facer para integrar a utilización das novas tecnoloxías na miña clase de lingua e literatura. Decátome de que para empezar hei de realizar un esforzo por actualizarme, por pórme ao día nun tema no que o alumnado me leva certa vantaxe. Máis a utilización desta nova medicina non garantiza o éxito.
Hai pouco dei casualmente no blog TotemGuard de Meritxel Viñas cun artigo sobre a motivación que me pareceu interesantísimo e que debería ser o alicerce sobre o que os profesores programaramos as nosas clases. Nel asegúrase que os premios e castigos non funcionan se se require esforzo e creatividade para unha tarefa, que non sosteñen a motivación a longo prazo. Mesmo se demostrou que matan a creatividade. As tres claves que funcionan no camiño da motivación e o mellor rendemento son a autonomía, a mestría e o propósito, así o explica Daniel Pink, escritor e xonalista norteamericano, no seu libro La sorprendente verdad sobre lo que nos motiva.
Mellorar a motivación conséguese por medio de:
Conclusión: ante os novos retos da educación na actualidade, o profesorado debe realizar un esforzo por se re-formar. Por unha banda, atender ao uso das TIC na aula e, por outro, ter en conta a motivación do alumnado e utilizar novos métodos de ensino-aprendizaxe que acollan a toda a diversidade de alumnos que hoxe hai nas aulas.
Fontes:
- La sorprendente verdad sobre lo que motiva a los alumnos, post de Meritxel Viñas no blog de TotemGuard.
- Reportaxe de J.A. Aunión en El País do 18 de xullo de 2009, titulado La era del profesor desorientado.
- Wikiquote, colección libre de citas e frases célebres.

- ás familias, que lles dedican pouco tempo aos fillos;
- á Administración, que non acompaña cos medios necesarios (mellores equipamentos, máis profesores, formación...);
- á ausencia de certos valores na sociedade e no alumnado, como a disciplina e esforzo.
Seguramente os fallos do sistema non son atribuíbles a un só colectivo. Cómpre ter en conta varios aspectos. O profesor xa non representa unha autoridade coma antes. Pasa un terzo da clase tratando de manter a disciplina, outro terzo xustificando para que vai servir o que pretende ensinar, e no que queda de clase explica o tema ao que ninguén atende. O sociólogo Fernando Gil expón que "o profesorado se enfronta aos alumnos máis desorientados da historia. Sen o apoio de crenzas relixiosas e ideolóxicas, aboian á deriva do consumismo e da Rede. Teñen os pais máis permisivos da historia, con problemas para exercer a autoridade, o que se observa moi ben cando hai tensións no centro, porque se posicionan máis do lado do fillo-alumno ca do lado do profesor".
O debate é complexo porque abrangue temas como a disciplina, qué ensinar e cómo. Pero como profe creo que é preciso empezar por facer algo de autocrítica, que ante este panorama pensemos, parafraseando a JFK, que podemos facer nós para mellorar as nosas clases e motivar ao noso alumnado.
A primeira idea que me vén á cabeza é como podo facer para integrar a utilización das novas tecnoloxías na miña clase de lingua e literatura. Decátome de que para empezar hei de realizar un esforzo por actualizarme, por pórme ao día nun tema no que o alumnado me leva certa vantaxe. Máis a utilización desta nova medicina non garantiza o éxito.
Hai pouco dei casualmente no blog TotemGuard de Meritxel Viñas cun artigo sobre a motivación que me pareceu interesantísimo e que debería ser o alicerce sobre o que os profesores programaramos as nosas clases. Nel asegúrase que os premios e castigos non funcionan se se require esforzo e creatividade para unha tarefa, que non sosteñen a motivación a longo prazo. Mesmo se demostrou que matan a creatividade. As tres claves que funcionan no camiño da motivación e o mellor rendemento son a autonomía, a mestría e o propósito, así o explica Daniel Pink, escritor e xonalista norteamericano, no seu libro La sorprendente verdad sobre lo que nos motiva.
Mellorar a motivación conséguese por medio de:
- Dar autonomía aos alumnos para que escollan ónde e cómo obter os coñecementos. Explicar claramente os obxectivos do proxecto e os resultados que esperamos, pero cada un ten liberdade para buscar o seu camiño para cumprir o obxectivo.
- Conseguir mestría fai referencia ao noso desexo de mellorar, é o motivador máis importante. Para desenvolvelo debemos tomar como partida as fortalezas e intereses dos nosos alumnos e alumnas.
- Entender o propósito que está detrás dun proxecto de aula, ver a súa utilidade dentro do seu futuro profesional.
Conclusión: ante os novos retos da educación na actualidade, o profesorado debe realizar un esforzo por se re-formar. Por unha banda, atender ao uso das TIC na aula e, por outro, ter en conta a motivación do alumnado e utilizar novos métodos de ensino-aprendizaxe que acollan a toda a diversidade de alumnos que hoxe hai nas aulas.
Fontes:
- La sorprendente verdad sobre lo que motiva a los alumnos, post de Meritxel Viñas no blog de TotemGuard.
- Reportaxe de J.A. Aunión en El País do 18 de xullo de 2009, titulado La era del profesor desorientado.
- Wikiquote, colección libre de citas e frases célebres.
martes, 12 de marzo de 2013
Buscas en Internet
Buscar en Internet pode ser tedioso e longo. Velaquí unha presentación realizada por dúas profes, Olga Rodríguez e Charo Sánchez-Gabriel, que nos vai axudar para que vaiamos ao gran.
Ademais este traballo vainos vir moi ben como paso previo para o proxecto da primeira semana do próximo trimestre. Debullaremos dese asunto nun próximo post.
Tirado de Biblioquendas, o blog da biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada.
xoves, 7 de marzo de 2013
8 de MARZO , Día Internacional da Muller
Mostrario do traballo realizado polos alumnos de PDC do IES Martín Sarmiento co gallo do Día Internacional da Muller. Parabéns para eles e para a súa profe!
Presentación en Vimeo
Presentación en Vimeo

mércores, 6 de marzo de 2013
Tarefa de Bala Perdida
Unha das nosas recomendacións lectoras este curso foi a novela Bala Perdida de Manuel Rivas. 
Para animar á lectura, presentamos unha ficha con datos do autor e do ilustrador, e mais con algunhas cuestións a ter en conta antes de ler.
Durante a súa lectura, os alumnos foron contestando un cuestionario de comprensión, cunha pregunta por capítulo.
Por último, unha vez rematado o libro, tiveron a seguinte proba onde practicaron a busca de información a través de Internet.
DESPOIS DE LER
1. Na novela hai dous narradores. Podes comprobalo relendo o capítulo 1 e o 4.
Escolle tres ou catro exemplos de verbos que che axuden a recoñecer a persoa
gramatical en que están narrados eses capítulos. Explica cal é un narrador externo
e cal, o interno.
2. Xa sabes que Herr Doktor é alemán. Busca nun dicionario bilingüe ou a través dun
tradutor on line, como Opentrad, que significan esas palabras.
3. Por que cres ti que Bala Perdida ten ese sobrenome na novela? Xustifícao.
4. Neste relato aparece moito un recurso moi expresivo: a comparación. Como sabes,
consiste en relacionar obxectos, lugares ou seres que teñen características
semellantes. Agora amosámosche algunhas para que ti escribas outras. Ánimo e
compara con sentido do humor.
- Tiradentes bebeu un longo trago e despois resoprou COMA UN TROMBÓN DESAFINADO.
Ou COMO..........................................................................................................................
- Tiradentes agarraba a roda do temón COMA SE FOSE UN VOLANTE DE FÓRMULA 1.

- Cando as baleas se acatarran, tosen COMA VELLOS DO ASILO.

- O barco abaneaba COMA UN BERCE DE BEBÉ.

- Collía unha das súas pernas na man e facíaa oscilar COMA SE FOSE UN BATE DE BÉISBOL.

5. Clasifica os personaxes da novela en principais e secundarios.
6. Existe a igrexa de Santo Andrés de Teixido? Busca información sobre o santo e a
súa lenda. Resúmea brevemente.
7. O Zaratrusta partiu do porto africano de Dakar. Sabes de que país é capital esta
cidade?

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)