Para animar á lectura, presentamos unha ficha con datos do autor e do ilustrador, e mais con algunhas cuestións a ter en conta antes de ler.
Durante a súa lectura, os alumnos foron contestando un cuestionario de comprensión, cunha pregunta por capítulo.
Por último, unha vez rematado o libro, tiveron a seguinte proba onde practicaron a busca de información a través de Internet.
DESPOIS DE LER
1. Na novela hai dous narradores. Podes comprobalo relendo o capítulo 1 e o 4.
Escolle tres ou catro exemplos de verbos que che axuden a recoñecer a persoa
gramatical en que están narrados eses capítulos. Explica cal é un narrador externo
e cal, o interno.
2. Xa sabes que Herr Doktor é alemán. Busca nun dicionario bilingüe ou a través dun
tradutor on line, como Opentrad, que significan esas palabras.
3. Por que cres ti que Bala Perdida ten ese sobrenome na novela? Xustifícao.
4. Neste relato aparece moito un recurso moi expresivo: a comparación. Como sabes,
consiste en relacionar obxectos, lugares ou seres que teñen características
semellantes. Agora amosámosche algunhas para que ti escribas outras. Ánimo e
compara con sentido do humor.
- Tiradentes bebeu un longo trago e despois resoprou COMA UN TROMBÓN DESAFINADO.
Ou COMO..........................................................................................................................
- Tiradentes agarraba a roda do temón COMA SE FOSE UN VOLANTE DE FÓRMULA 1.
Ou COMO..........................................................................................................................
- Cando as baleas se acatarran, tosen COMA VELLOS DO ASILO.
Ou COMO..........................................................................................................................
- O barco abaneaba COMA UN BERCE DE BEBÉ.
Ou COMO..........................................................................................................................
- Collía unha das súas pernas na man e facíaa oscilar COMA SE FOSE UN BATE DE BÉISBOL.
Ou COMO..........................................................................................................................
5. Clasifica os personaxes da novela en principais e secundarios.
6. Existe a igrexa de Santo Andrés de Teixido? Busca información sobre o santo e a
súa lenda. Resúmea brevemente.
7. O Zaratrusta partiu do porto africano de Dakar. Sabes de que país é capital esta
cidade?
Ningún comentario:
Publicar un comentario