Bitácora de aula

Bitácora de aula que amosa algunhas tarefas do ámbito lingüístico-social do PDC do CEE de Panxón

martes, 8 de outubro de 2013

A Ilustración

Amais de ver este vídeo sobre as ideas ilustradas do século XVIII, podemos visionar outros sobre a monarquía absoluta nesa altura na Península. Cómpre lembrar que en España, o absolutismo chega da man do primeiro Borbón, Filipe V. A morte do último Hansburgo español, Carlos II, ocorrida en 1700, xera grandes expectativas porque a herdanza española comprende o dominio sobre diversos puntos estratéxicos en Europa (Nápoles, Sardeña, Sicilia, Milán e os Países Baixos, alén de territorios peninsulares e americanos).
Tamén podemos coñecer máis sobre o Despotismo Ilustrado, isto é, qué tomaron os reis do XVIII da Ilustración e qué non, e así seguir a máxima de "todo para o pobo pero sen o pobo".

Ningún comentario: