Bitácora de aula

Bitácora de aula que amosa algunhas tarefas do ámbito lingüístico-social do PDC do CEE de Panxón

martes, 8 de outubro de 2013

Historia da lingua galega: Séculos Escuros


Tras visionar o seguinte vídeo dende o minuto 10 ao 17, poderás contestar o cuestionario que vai máis abaixo.




1. Cal é a lingua falada maioritariamente en Galicia no século XV?
2. Que documentos se escriben en galego aínda no século XV?
3. Explica a través de que estamentos sociais penetra o castelán en Galicia.
4. Coa chegada ao poder de que reis comeza a centralización do Estado?
5. Cal é o nome do período da historia da lingua e da literatura galega que comprende os séculos XVI,     XVII e XVIII?  A que debe ese nome?
6. Que erudito bieito foi estudoso da lingua galega no século XVIII?
7. Cales eran as linguas utilizadas no ensino primario e na universidade nesta época? Quen podía acceder a eses estudos?
8. Quen utiliza o castelán en Galicia no século XVIII?
9. Que dinastía real utiliza o ensino para estender o uso do castelán en Galicia?
10.  En que lingua cre o padre Sarmiento que deben aprender o latín os nenos galegos? Sen embargo, en que lingua o fan?

                                       Actividade inspirada no post do 22 de setembro de 2013 do profesor                                          Román Cerqueiro do CPI Padín Troiteiro, no blog Lingua de Negueirós.

Ningún comentario: