Bitácora de aula

Bitácora de aula que amosa algunhas tarefas do ámbito lingüístico-social do PDC do CEE de Panxón

martes, 17 de xuño de 2014

Dialectoloxía

Arquivo do Galego Oral  do Instituto da Lingua Galega e Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Reino de Galicia en mapas


venres, 30 de maio de 2014

Séc. XIX: O REXURDIMENTO. Rosalía Castro

Presentación elaborada pola profesora Sofía Rama.
Rosalía de Castro
View more presentations or Upload your own.

Outros recursos: LIM e webquest.

domingo, 11 de maio de 2014

Revista Ollos de Aula

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL), formada polos equipos dos centros de ensino, publica unha nova entrega de Ollos de Aula, a revista dedicada ás familias do alumnado. 

Neste número abordan a figura de Díaz Castro, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas; a neuróloga e xenetista da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Mª Jesús Sobrido Gómez, responde á pregunta "TDAH: é sempre necesario un tratamento farmacolóxico?” mentres que Lines Salgado dános a coñecer diferentes medidas de adaptación curricular. Non podían faltar na sección "Cadencias” as propostas de lecer de Gracia Santórum e unha contraportada que nos convida a reflexionar sobre a pervivencia de fondos prexuízos lingüísticos na nosa sociedade.

venres, 9 de maio de 2014

17 DE MAIO 2014

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Para coñecelo propoñémosvos unha webquest pensada especialmente para o alumnado do noso centro.

martes, 18 de marzo de 2014

Lecturas 3ª trimestre


Velaquí as vosas propias suxestións. Agora escollede!!



Para realizar un traballo sobre esta novela podedes guiarvos pola ficha que elaborou a profesora Fátima Ruibal e que xa utilizamos en anteriores trimestres:

mércores, 5 de marzo de 2014

luns, 24 de febreiro de 2014

Literatura renacentista española

Teoría e antoloxía poética.
Dafne e Apolo de Sir John William Waterhouse

mércores, 19 de febreiro de 2014

Publicidade

Achegamento á publicidade a través deste vídeo  e do post do profesor Xano Cebreiro no seu blog Lingua e lit.
E máis sobre o uso da muller na publicidade.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Colonialismo

A través deste vídeo imos coñecer o caso do Sahara Occidental, un país que foi colonia española ata hai soamente corenta anos.

Precisamante hai quince días a prensa fíxose eco da intensa represión con que Marrocos segue a castigar as manifestacións pacíficas dos saharauis que reivindican os seus dereitos.

O pasado 15 de xaneiro na cidade de El Aaiun, realizáronse varias manifestacións pacíficas en distintos barrios da cidade contra a ocupación marroquí. Nas manifestacións denunciáronse as violacións dos dereitos humanos e esixiuse a ampliación do mandato da MINURSO para a monitorización dos dereitos humanos no territorio que ocupa Marrocos. Os servizos militares reprimiron salvaxemente  os manifestantes deixando máis de vinte feridos, algúns deles ingresados en hospitais, con fracturas craneoencefálicas ou con fortes golpes nos xenitais.

Tras ver o vídeo contesta as preguntas:

  1. Que significa que os saharahuis foron un pobo nómade durante séculos?
  2. Desde cando España colonizou o Sahara Occidental?
  3. Qué foi a Conferencia de Berlín?
  4. Qué recursos explotou España na súa nova colonia?
  5. Cando xurdiu o nacionalismo entre os saharauis? Qué organismo internacional o apoiou?
  6. O rei de Marrocos, Hasan II, empezou nos anos sesenta a reivindicar este territorio. Que ocorreu en 1975?
  7. Qué é o Polisario? Qué países o apoian? E a Marrocos?
  8. Cantos quilómetros ten o muro defensivo que construíu Marrocos en 1981 coa axuda de EE.UU. e Francia?
  9. En 1991 a ONU prepara un Plan de Paz para a zona, baixo qué condicións?
  10. En qué dous lugares viven os saharaius aínda hoxe?



xoves, 23 de xaneiro de 2014

El conde Lucanor


Velaquí o conto XX de El conde Lucanor que conta o que lle ocorreu a un rei cun home que lle dixo que sabía facer ouro. Tamén unha edición actualizada onde podemos ver e ler o libro completo.

domingo, 12 de xaneiro de 2014

Textos argumentativos

Argumentamos para convecer ao noso interlocutor da nosa postura ante un tema. Producimos este tipo de textos na nosa vida cotiá no ámbito escolar, familiar, social, etc.

Imos profundizar un pouco máis no tema cun LIM do blog El Tinglado tras comentarmos esta viñeta de Romeu.

venres, 10 de xaneiro de 2014

Comentar películas 2: Cadea de favores e As tartarugas tamén voan


Entrade na ficha da película que vistes, Pay it forward ou Turtles can fly, e realizade os exercicios que contén. Logo facede a vosa propia crítica da película no caderno.
https://docs.google.com/document/d/193ofAwv-6vB6tzCdBIszzalKYR_TuSOEqDT2X3NB5BY/edit

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Literatura medieval galego-portuguesa

Iniciamos este tema coa presentación do profesor Ramón Cruces  (IES Cacheiras) ao tempo que accederemos a unha antoloxía de textos literarios desta época para verificar as características que iremos salientando. Amais imos consultar o blog Son de poetas onde escoitaremos interpretacións musicais dalgunhas cantigas.

Literatura Galego-Portuguesa Medieval from Román Landín

As cantigas de amor son as que máis fielmente seguen a moda provenzal que chega ao reino de Galicia grazas ás peregrinacións a Santiago de Compostela. Nelas o trobador manifesta o seu amor, a miúdo non correspondido, por unha dama casada da corte á que denomina senhor (equivalente ao actual señora), á que describe levemente no plano físico, amosa como a máis bela do mundo e pola que di morrer de amor (coita).

Nas cantigas de amigo, en cambio, é unha moza a voz que fala no poema, mais non é unha rapaza cortesá senón do pobo. Parecen estar inspiradas na tradición popular autóctona, asimesmo presente noutros lugares de Europa onde tamén aparecen cantigas postas en boca de muller. Non debemos confundir a voz poética coa autoría da cantiga que, como calquera das outras, está composta por un trobador ou xograr varón. Neste tipo de cantigas chámase amigo ao namorado ao que a moza se dirixe e por quen suspira. A moza tamén se pode dirixir ou dialogar coa natureza, a súa nai, irmá ou amigas. Adoitan estar ambientadas na natureza.

Para coñecer a simboloxía das cantigas de amigo:


Símbolos nas cantigas de amigo from revoltalingua

Por último, mencionaremos as cantigas de escarnio e maldicir, un tipo de cantigas de ton satírico que tamén tiñan a súa orixe na rexión da Provenza, en Francia, concretamente no denominado sirventés provenzal. Nelas os trobadores critican e/ou parodian determinados tipos sociais (relixiosos, fidalgos, soldadeiras, xograres) ou costumes.
Ver traballos da profesora Loli Cid sobre as cantigas de escarnio e maldicir e outros.