Literatura Galego-Portuguesa Medieval from Román Landín
As cantigas de amor son as que máis fielmente seguen a moda provenzal que chega ao reino de Galicia grazas ás peregrinacións a Santiago de Compostela. Nelas o trobador manifesta o seu amor, a miúdo non correspondido, por unha dama casada da corte á que denomina senhor (equivalente ao actual señora), á que describe levemente no plano físico, amosa como a máis bela do mundo e pola que di morrer de amor (coita).
Nas cantigas de amigo, en cambio, é unha moza a voz que fala no poema, mais non é unha rapaza cortesá senón do pobo. Parecen estar inspiradas na tradición popular autóctona, asimesmo presente noutros lugares de Europa onde tamén aparecen cantigas postas en boca de muller. Non debemos confundir a voz poética coa autoría da cantiga que, como calquera das outras, está composta por un trobador ou xograr varón. Neste tipo de cantigas chámase amigo ao namorado ao que a moza se dirixe e por quen suspira. A moza tamén se pode dirixir ou dialogar coa natureza, a súa nai, irmá ou amigas. Adoitan estar ambientadas na natureza.
Para coñecer a simboloxía das cantigas de amigo:

Símbolos nas cantigas de amigo from revoltalingua
Por último, mencionaremos as cantigas de escarnio e maldicir, un tipo de cantigas de ton satírico que tamén tiñan a súa orixe na rexión da Provenza, en Francia, concretamente no denominado sirventés provenzal. Nelas os trobadores critican e/ou parodian determinados tipos sociais (relixiosos, fidalgos, soldadeiras, xograres) ou costumes.
Ver traballos da profesora Loli Cid sobre as cantigas de escarnio e maldicir e outros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario