Precisamante hai quince días a prensa fíxose eco da intensa represión con que Marrocos segue a castigar as manifestacións pacíficas dos saharauis que reivindican os seus dereitos.
O pasado 15 de xaneiro na cidade de El Aaiun, realizáronse varias manifestacións pacíficas en distintos barrios da cidade contra a ocupación marroquí. Nas manifestacións denunciáronse as violacións dos dereitos humanos e esixiuse a ampliación do mandato da MINURSO para a monitorización dos dereitos humanos no territorio que ocupa Marrocos. Os servizos militares reprimiron salvaxemente os manifestantes deixando máis de vinte feridos, algúns deles ingresados en hospitais, con fracturas craneoencefálicas ou con fortes golpes nos xenitais.
Tras ver o vídeo contesta as preguntas:
- Que significa que os saharahuis foron un pobo nómade durante séculos?
- Desde cando España colonizou o Sahara Occidental?
- Qué foi a Conferencia de Berlín?
- Qué recursos explotou España na súa nova colonia?
- Cando xurdiu o nacionalismo entre os saharauis? Qué organismo internacional o apoiou?
- O rei de Marrocos, Hasan II, empezou nos anos sesenta a reivindicar este territorio. Que ocorreu en 1975?
- Qué é o Polisario? Qué países o apoian? E a Marrocos?
- Cantos quilómetros ten o muro defensivo que construíu Marrocos en 1981 coa axuda de EE.UU. e Francia?
- En 1991 a ONU prepara un Plan de Paz para a zona, baixo qué condicións?
- En qué dous lugares viven os saharaius aínda hoxe?
Ningún comentario:
Publicar un comentario